TERRAS BENDAÑA

Ó presentar Adegas "Terras Bendaña" o primeiro propósito é rendir unha garimosa homenaxe a estas terras que gozan con grandiosa sinxeleza da beleza natural da paisaxe, lugares e aldeas enraizadas no máis fondo da cultura Galega. As paraxes entrañables da ribeira chantadina merece a nosa meirande admiración que acolle o esforzo cotián de homes e mulleres, que ollándose na paisaxe elaboran o futuro.

Na Ribeira Sácrata Chantadina onde asentaron as primeiras culturas da zona, terra de benedictos e cistercienses que planificaron o aproveitamento de terras ermas e así naceron as nosas ribeiras en socalcos, onde nas vides retortas agroman os ácios que posibilitan a nosa particular cultura viñateira. As "Granxas" de viñedos de Líncora, onde se atopa a centenaria Adega "Terras Bendaña" no lugar de Sobrado, enchían as cubas benedictinas de San Salvador de Asma que ían parar ó cabildo de Santiago, as adegas dos mosteiros de Oseira e co mellor viño desta cunca ribeirenta o Conde de Lemos celebraba os seus banquetes.

Na historia da ribeira chantadina, encontraremos moitas testemuñas que nos falaran dos seus viños. O resultado ó longo de tempos foi excelente, a experiencia e o saber dos patrucios colleiteiros deu paso a selectivos criterios de calidade, dende o cultivo e coidado dunha boa cepa de Mencía a unha depurada vinificación para conquerir viños de gran prestixio.

A calidade dos nosos viños comeza nos ben coidados viñedos. Unha vendima feita con especial coidado, para non danar o froito, dará paso a unha excelente vinificación realizada coa mellor das novas tecnoloxías. Deste xeito degustar un "Terras Bendaña" é descubrir o espíritu único e o estilo inimitable dun extraordinario viño de Chantada. Un Mencía de cor intenso, aromático, lixeiramente afroitado de padal aterciopelado. Dende o coidado da cepa á elaboración de viño, todo se resume na busca da perfección.

Adegas "Terras Bendaña" é unha das máis recentes incorporacións a D.O. Ribeira Sacra que recollen a herdanza dunha tradición familiar centenaria de colleiteiros que pretenden seguir cun espíritu de innovación e honestidade, dende unha concepción dun proxecto moderno, que incorpora a todo o proceso as novas tecnoloxías enolóxicas.

 

Terras Bendaña

982 440 989 / 679 267 816 - Amelia Ledo Vence.

terrasbendana@europuntoahorro.com

comments powered by Disqus